JW BROADCASTING
Como reproducir audio en Amazon Fire TV
A sección Audio contén varias coleccións de audio. Podes escoitar un ou varios programas da colección.
(Nota. É posible que o teu mando a distancia non sexa idéntico ó empregado nas imaxes deste titorial).
Selecciona Audio na pantalla de inicio para ver as coleccións de audio dispoñibles. Sigue estes pasos para buscar e reproducir programas de audio:
Como escoitar un programa de audio
Cada ringleira representa unha colección de programas de audio. O nome da colección aparece enriba da ringleira.
Arriba e Abaixo. Desprázate a outra colección.
Esquerda e Dereita. Desprázate polos distintos programas de audio dunha colección.
Preme en Seleccionar para seleccionar o programa resaltado e cargar os detalles do programa de audio.
Selecciona unha das seguintes accións:
Reproducir. Para reproducir o programa de audio dende o principio.
Reproducir todo. Para reproducir tódolos programas de audio da colección seleccionada comezando polo que aparece en pantalla. A reprodución parará unha vez reproducidos tódolos programas da colección.
Continuar. Podes seguir escoitando o programa de audio onde o deixaches.
A ringleira que aparece debaixo da pantalla cos detalles do programa de audio mostra outros programas da mesma colección. Preme en Abaixo para acceder á colección, e preme en Arriba para volver á pantalla cos detalles do programa.
Como reproducir unha colección de audio
A maiores de reproducir un programa de audio, podes escoitar unha colección enteira. Vai á colección de audio que queres escoitar e selecciona unha das seguintes opcións:
Reproducir todo. Reproduce tódolos programas da colección comezando polo primeiro.
Aleatorio. Reproduce tódolos programas da colección en orde aleatoria.
A reprodución parará unha vez reproducidos tódolos programas.
Como usar as opcións de reprodución
Namentres se está reproducindo un programa de audio, podes controlar a reprodución co teu mando a distancia de Amazon Fire TV:
Reproducir/Pausa. Podes parar a reprodución. Volve premer no mesmo botón para continuar a reprodución.
Avanzar. Podes desprazarte cara adiante con rapidez polo programa de audio. Preme no botón Reproducir para continuar a reprodución.
Retroceder. Podes desprazarte cara atrás con rapidez polo programa de audio. Preme no botón Reproducir para continuar a reprodución.
Volver. Para volver á pantalla de Audio.