JW BROADCASTING
Preguntas frecuentes acerca de JW Broadcasting para Apple TV
É posible que as palabras da busca non sexan as correctas. Vai á sección de axuda Como instalar JW Broadcasting en Apple TV. Tamén é posible que o teu dispositivo non sexa compatible. JW Broadcasting é compatible con Apple TV (cuarta xeración).
A aplicación JW Broadcasting é compatible con Apple TV (cuarta xeración e posteriores).
Se tes un ordenador ou un dispositivo móbil Apple e o teu Apple TV é un modelo antigo, usa AirPlay para ver vídeos no teu televisor.
Podes ver unha lista cos idiomas dispoñibles para Apple TV. Para cambiar o idioma, vai a Axustes na pantalla principal e escolle a opción Seleccionar idioma.
Podes descargar e usar JW Broadcasting de xeito gratuíto.
A primeira vez que uses a túa conta de usuario de Apple para acceder a unha das Apple Stores (iTunes Store, App Store ou iBooks Store) terás que confirmar se desexas engadir un método de pago, xa que non tódolos contidos das tendas son gratuítos.
Se non desexas asociar ningún método de pago á túa conta de usuario de Apple, sigue os pasos que atoparás na sección de axuda de Apple.
Podes pedirlle axuda a un amigo que estea familiarizado con Apple TV ou con JW Broadcasting. Se a túa pregunta está relacionada coa conta ou co dispositivo Apple TV, podes consultar a axuda en liña de Apple. Se tes algún problema coa aplicación JW Broadcasting, contacta coa nosa sucursal máis próxima.