Ir ó contido

Ir ó índice

JW BROADCASTING

Como ver vídeos en Roku

Como ver vídeos en Roku

Na sección Vídeos podes ver calquera vídeo usando as opcións de reprodución (pausa, retroceder, avanzar e saltar). Podes ver un vídeo ou tódolos vídeos dunha categoría ou dunha colección.

(Nota. O mando a distancia Roku que aparece nesta sección de axuda pode ser distinto do teu mando).

 Como atopar e ver un vídeo

Selecciona Vídeos no menú superior da pantalla de inicio para ver as categorías de vídeo dispoñibles. Usa as frechas do teu mando a distancia Roku para navegar polo menú da categoría. Preme en OK para seleccionar a categoría resaltada.

Algúns vídeos poden aparecer listados en varias categorías. Por exemplo, o vídeo O que din outros mozos. Crer en Deus aparece en Adolescentes e A Biblia

Selecciona a opción Aleatorio para reproducir tódolos vídeos dunha categoría de xeito continuo e cunha orde aleatoria.

Cada categoría contén varias coleccións. Cada ringleira representa unha colección de programas de vídeo. O título da colección aparecerá enriba da ringleira.

Usa o teu mando a distancia para desprazarte polas coleccións:

  • Preme en Arriba ou Abaixo para cambiar de colección.

  • Usa Esquerda e Dereita para desprazarte dun vídeo a outro dentro dunha colección.

Hai dous xeitos de ver tódolos vídeos dunha colección:

  • Selecciona a opción Reproducir todo para reproducir tódolos vídeos dunha colección comezando polo primeiro.

  • Preme o botón Aleatorio para reproducir tódolos vídeos dunha colección de xeito aleatorio.

Nota. A reprodución parará unha vez reproducidos tódolos programas da colección.

Selecciona un vídeo para ver a pantalla cos Detalles do vídeo. Selecciona unha das seguintes accións na pantalla:

  • Continuar. Esta opción só aparece cando non remataches de ver o vídeo. Selecciona esta opción para seguir vendo o vídeo onde o deixaches.

  • Reproducir ou reproducir dende o comezo. Para reproducir o programa de vídeo dende o principio.

  •   Reproducir con subtítulos. Esta opción só aparece se están dispoñibles os subtítulos para o programa de vídeo seleccionado. Ó seleccionar esta opción, reproducirase o vídeo con subtítulos e activaranse os subtítulos (se están dispoñibles) para tódolos vídeos. Para desactivar os subtítulos, selecciona Reproducir sen subtítulos.

  • Reproducir toda a colección. Para reproducir tódolos programas de vídeo da colección seleccionada comezando polo que aparece na pantalla. A reprodución parará unha vez reproducidos tódolos programas da colección.

Os Detalles dos demais vídeos da colección aparecerán embaixo nunha ringleira. Preme Abaixo para acceder e Arriba para volver á pantalla cos Detalles do vídeo.

Como usar as opcións de reprodución

Namentres se está reproducindo un programa de vídeo, podes controlar a reprodución co teu mando a distancia Roku:

  • Reproducir/Pausa. Podes parar a reprodución. Volve premer no mesmo botón para continuar a reprodución.

  • Dereita. Para avanzar uns segundos. Non soltes o botón se queres que avance a máis velocidade. Cando a barra de reprodución estea onde desexas, preme o botón Reproducir ou o botón OK.

  • Avanzar. Con esta opción, o vídeo avanzará automaticamente. Cando a barra de reprodución estea onde desexas, preme en Reproducir ou en OK.

  • Esquerda. Para retroceder uns segundos. Non soltes o botón se desexas que retroceda a máis velocidade. Cando a barra de reprodución estea onde desexas, preme en Reproducir ou en OK.

  • Retroceder. Para retroceder cara ó comezo do vídeo. Cando a barra de reprodución estea onde desexas, preme en Reproducir ou en OK.

  • Volver. Para volver á páxina cos Detalles do programa de vídeo.

 Como ver os últimos vídeos e os vídeos recomendados

A pantalla de inicio de JW Broadcasting mostra dúas coleccións de Vídeos especiais:

  1. Recomendados. Inclúe vídeos de especial interese, como os que están relacionados coas nosas reunións semanais ou coa adoración en familia.

  2. Vídeos máis recentes. Esta colección inclúe os últimos vídeos engadidos.