A NOSA VIDA CRISTIÁ
Características útiles do libro Desfruta da vida para sempre!
Gústache usar os vídeos e as preguntas de opinión do libro Desfruta da vida para sempre!? Que che parecen as partes “Hai quen di”, “Intenta isto” e “Investiga”? Que outras características che resultan útiles para impartir cursos da Biblia? (Mt 28:19, 20).
Contidos multimedia: Se prefires usar a edición impresa do libro para dar cursos da Biblia, podes atopar facilmente e nun só lugar tódolos vídeos e contidos multimedia. Como facelo? Vai á edición dixital e selecciona unha das catro seccións principais. Ó final da lista que contén os títulos das leccións poderás acceder a todo o contido multimedia desa sección (Ver a imaxe 1).
Opción “Edición impresa”: Se usas un dispositivo electrónico cando impartes cursos da Biblia, quizais che sexa práctico utilizar a opción “Edición impresa” nalgúns momentos da clase. Unha vez que esteas dentro dunha lección, pulsa nos tres puntos que aparecen arriba á dereita e selecciona “Edición impresa”. Esta opción axudarache a ver con claridade como se relaciona o punto que estás analizando co resto da lección. Para volver á edición dixital, pulsa outra vez nos tres puntos e selecciona “Edición dixital”.
“Estou preparado?”: Estes recadros, que están cerca do final do libro, resumen os requisitos básicos para predicar coa congregación e bautizarse (Ver a imaxe 2).
Notas: As notas conteñen explicacións adicionais sobre algúns temas importantes. Na edición dixital do libro hai un enlace ó final de cada nota que che permite volver ó punto da lección onde estabas (Ver a imaxe 2).
Aínda que alguén que estude a Biblia contigo se bautice antes de acabar o libro Desfruta da vida para sempre!, asegúrate de analizalo por completo con el. Podes seguir anotando o tempo, as revisitas e o curso bíblico. E se te acompaña un publicador, pode anotar o tempo igualmente.