Ir ó contido

Ir ó índice

5-11 de agosto

SALMOS 70-72

5-11 de agosto

Canción sjj 59 e oración | Comentarios de introdución (1 min)

TESOUROS DA BIBLIA

1. Fálalle á próxima xeración sobre o poder de Deus

(10 min)

David viu como Xehová o protexía desde que era un rapaz (Sl 71:5; w99 1/9 páx. 18 par. 17).

Sentiu o apoio do seu Pai durante a súa vellez (Sl 71:9; g04 8/10 páx. 23 par. 3).

Animou os máis novos contándolles as súas experiencias (Sl 71:17, 18; w14 15/1 páx. 23 pars. 4, 5).

PREGÚNTATE: A que irmán da congregación que leva moito tempo servindo a Xehová me gustaría entrevistar durante a nosa adoración en familia?

2. Xoias espirituais

(10 min)

  • Sl 72:8. Como se cumpriu durante o reinado de Salomón a promesa que Xehová lle fixo a Abrahán que aparece en Xénese 15:18? (it-1 páx. 883)

  • Que xoias espirituais atopaches na lectura bíblica desta semana?

3. Lectura da Biblia

(4 min) Sl 71:1-24 (th aspecto da oratoria 5).

SEXAMOS MELLORES MESTRES

4. Comeza conversas

(3 min) DE CASA EN CASA. Cando a persoa empece a discutir, termina a conversa cunha idea positiva (lmd lección 4 punto 5).

5. Cultiva o interese

(4 min) PREDICACIÓN INFORMAL. Sigue a conversación que tiveches cun familiar que dubida sobre empezar a estudar a Biblia (lmd lección 8 punto 4).

6. Explica as túas crenzas

(5 min) Discurso. ijwfq 49. Título: “Que levou ás testemuñas de Xehová a cambiar algunhas das súas crenzas?” (th aspecto da oratoria 17).

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Canción snnw 153

7. Ideas para a adoración en familia

(15 min) Discurso con comentarios do auditorio.

A adoración en familia é un momento moi importante para que os nenos sexan educados “na disciplina e na doutrina [ou consellos] do Señor” (Ef 6:4). Para aprender hai que esforzarse pero pode ser divertido, sobre todo cando ós nenos lles apetece aprender máis da Biblia (Xn 6:27; 1Pe 2:2). O recadro “ Ideas para a adoración en familia” pode axudarlles ós pais a facer que a familia aprenda e o pase ben. Repásao e a continuación fai as seguintes preguntas:

  • Cal destas ideas che gustaría probar?

  • Encontraches algo máis que che podería axudar?

Pon o VÍDEO Seguide mellorando a vosa adoración en familia. A continuación fai a seguinte pregunta:

  • Como pode un marido facer que a adoración en familia sexa divertida para a súa muller se non teñen fillos pequenos?

8. Estudo bíblico de congregación

Comentarios de conclusión (3 min) | Canción sjj 123 e oración