LECCIÓN 1
Un segredo que che gustará descubrir
Contáronche algunha vez un segredo?— * A Biblia fala dun segredo especial de parte de Deus. Chámaselle segredo porque a xente non o coñecía. Mesmo os anxos querían saber máis del. Gustaríache saber que segredo é?—
Que pensas que intentan descubrir os anxos?
Hai moito, moito tempo, Deus creou o primeiro home e a primeira muller. Chamábanse Adam e Eva. Deus deulles un fogar moi bonito, o xardín de Edén. Se Adam e Eva obedecían a Deus, eles e mailos seus fillos poderían facer da Terra un paraíso coma aquel xardín. E poderían vivir no Paraíso para sempre. Pero, acórdaste do que fixeron?—
Adam e Eva desobedeceron a Deus, e por iso agora non vivimos nun paraíso. Pero Deus dixo que ía poñer a Terra ben bonita, e que iamos ser felices e vivir para sempre. Como o faría? Durante moito tempo ninguén o soubo. Era un segredo.
Cando Xesús veu á Terra, ensinou máis cousas sobre este segredo. Dixo que se trataba do Reino de Deus. Xesús mandou orar para que este Reino viñese. O Reino vai facer da Terra un paraíso.
Gustouche descubrir este segredo?— Recorda que só os que obedezan a Xehová van vivir no Paraíso. Na Biblia hai un montón de historias sobre homes e mulleres que obedeceron a Xehová. Queres que aprendamos máis deles?— Imos ver quen foron algúns e como podemos seguir o seu exemplo.
MÍRAO NA TÚA BIBLIA
-
1a Pedro 1:12
-
Xénese 1:26-28; 2:8, 9; 3:6, 23
-
Salmo 37:11, 29
^ par.3 Ó longo dos relatos, atoparás un símbolo coma este (—) despois dalgunhas das preguntas. Indican que é un bo momento para deterse e deixar responder ó teu fillo.