Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 53

Escolle diversións que lle agraden a Xehová

Escolle diversións que lle agraden a Xehová

Xehová é o “Deus feliz” (1 Timoteo 1:11, TNM). El quere que sexamos felices e desfrutemos da vida. E agrádalle cando usamos parte do noso tempo para descansar do traballo e relaxarnos. Nesta lección imos ver como podemos desfrutar do noso tempo libre e ó mesmo tempo agradarlle a Xehová.

1. Que debemos recordar ó escoller as diversións?

Que che gusta facer no teu tempo libre? Algúns prefiren quedar tranquiliños na casa lendo un libro, escoitando música, vendo unha película ou navegando por Internet. Outros desfrutan de facer cousas máis activas cos seus amigos, como facer sendeirismo, nadar ou xogar. Sen importar os nosos gustos, temos que asegurarnos de que a diversión que escollemos lle “agrada ó Señor” (Efesios 5:10). É importante que entendamos isto porque moitas das diversións que están de moda inclúen cousas que Xehová odia, como a violencia, a inmoralidade sexual e o ocultismo (le Salmo 11:5). Que nos axudará a escoller ben as nosas diversións?

Se escollemos amigos que aman a Xehová, influirán para ben en nós e nas decisións que tomemos sobre as diversións. Como xa aprendemos noutra lección, a Biblia di: “Vai onda os sabios: voltarás sabio”. Por outro lado, se alguén ten o costume de pasar tempo con xente que non valora as normas de Deus, “terá que sufrir” (Proverbios 13:20).

2. Por que é importante controlar canto tempo lles dedicamos ás diversións?

Aínda que escollamos diversións que Xehová aproba, temos que ter coidado de non dedicarlles demasiado tempo. Se non, poida que non teñamos tempo suficiente para cousas máis importantes. A Biblia anímanos a aproveitar ben o noso tempo (le Efesios 5:15, 16).

AFONDA MÁIS

Aprende como podes tomar boas decisións sobre as túas diversións.

3. Evita diversións que sexan malas para ti

Por que temos que escoller con coidado as nosas diversións? Poñede o VÍDEO e logo comentade estas preguntas:

  • En que se parecen os espectáculos de gladiadores da antiga Roma a algunhas diversións da actualidade?

  • Polo que viches no vídeo, que aprendeu Dani sobre as diversións?

Lede Romanos 12:9 e logo comentade esta pregunta:

  • Como debería influír este texto nas diversións que escolles?

Cales son algunhas das cousas que Xehová odia? Lede Proverbios 6:16, 17 e Gálatas 5:19-21. Despois de ler cada texto comentade esta pregunta:

  • Que cousas das que se mencionan nestes versículos son habituais nas diversións da actualidade?

 Como escoller ben as túas diversións

Pregúntate:

  • Que? Inclúe algo que Xehová odia?

  • Cando? Impídeme facer cousas máis importantes?

  • Con quen? Fai que teña contacto estreito ou frecuente con xente que non ama a Xehová?

Estaremos máis seguros se nos mantemos o máis lonxe posible do perigo. Por iso, se pensamos que unha diversión podería non ser boa para nós, deberiamos evitala

4. Usa ben o teu tempo

Poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:

  • Aínda que o irmán do vídeo non estaba vendo nada malo, como lle afectaba a maneira de usar o seu tempo?

Lede Filipenses 1:10, TNM e logo comentade esta pregunta:

  • Como podería axudarnos este texto a decidir canto tempo lle dedicamos ás diversións?

5. Escolle diversións que sexan boas para ti

Aínda que algunhas diversións lle desagradan a Xehová, hai outras moitas que non o fan. Lede Eclesiastés 8:15 e Filipenses 4:8 e logo comentade esta pregunta:

  • Con que cousas boas che gusta divertirte?

Hai moitas cousas boas coas que te podes divertir e pasar o teu tempo libre

HAI QUEN DI: “Mentres ti non fagas nada diso, que ten de malo divertirse con cousas que teñan violencia, inmoralidade ou ocultismo?”.

  • Ti que dirías?

RESUMO

Xehová quere que escollamos diversións que sexan boas para nós.

Repaso

  • Que diversións debemos evitar os cristiáns?

  • Por que debemos ter coidado coa cantidade de tempo que lle dedicamos ás diversións?

  • Por que queres escoller diversións que lle agraden a Xehová?

Intenta isto

INVESTIGA

Mira como podes tomar boas decisións sobre as diversións e o tempo libre.

“Escolles diversións boas para ti?” (La Atalaya, 15 outubro 2011)

No relato “Conseguín superar os meus prexuízos”, mira por que un home decidiu escoller outro tipo de diversións.

“A Biblia cambioulles a vida” (La Atalaya, 1 febreiro 2010)

Mira que lle axudou a unha nai a tomar unha boa decisión sobre as diversións que inclúen historias relacionadas co mundo dos espíritos.

Evita as diversións relacionadas co ocultismo (2:02)