Ir ó contido

Ir ó índice

PARTE 7

Quen foi Xesús?

Quen foi Xesús?

Xehová mandou a Xesús á Terra (1 Xoán 4:9)

Para lle agradar a Xehová temos que escoitar a outra persoa moi importante. Moito antes de Adam, Xehová creou un poderoso anxo no ceo.

Tempo despois, Xehová enviouno para que nacera en Belén dunha virxe chamada María. Este neno chamouse Xesús (Xoán 6:38).

Xesús era un home que imitaba á perfección a personalidade de Deus. Era amigable, cariñoso e accesible. Non tivo reparo en ensinar a verdade acerca do seu Pai, Xehová.

Xesús fixo o ben pero foi odiado (1 Pedro 2:21-23)

Xesús tamén curou enfermos e devolveu a algúns á vida.

Os dirixentes relixiosos non aturaban a Xesús porque el denunciaba tódalas súas ensinanzas falsas e as súas maldades.

Finalmente os dirixentes relixiosos conseguiron que os romanos torturaran e mataran a Xesús.