LECCIÓN 02
A Biblia dános esperanza
Por todo o mundo as persoas sofren problemas que as fan sentir tristes, que lles causan ansiedade ou mesmo dor. Pasaches algunha vez algunha situación que te fixese sentir así? Se cadra estás a sufrir por algunha enfermidade ou porque morreu un dos teus. Poida que te preguntes: “Mellorarán as cousas algún día?”. A resposta que dá a Biblia é moi animadora.
1. Por que nos dá esperanza a Biblia?
A Biblia non só explica por que o mundo está cheo de problemas, senón que tamén nos dá boas noticias. Di que estes problemas son temporais e que pronto desaparecerán. As promesas da Biblia dannos “un porvir e unha esperanza” (le Xeremías 29:11, 12). Estas promesas axúdannos a afrontar os problemas que temos agora, a ter unha actitude positiva e a ser felices para sempre.
2. Que tipo de futuro describe a Biblia?
A Biblia describe un futuro no que “a morte xa non existirá máis. Nin haberá máis loito nin pranto nin dor” (le Apocalipse 21:4). Xa non existirán os problemas que fan que a xente perda a esperanza, como a pobreza, a inxustiza, as enfermidades e a morte. A Biblia promete que os humanos poderán desfrutar de vivir para sempre nun paraíso na Terra.
3. Que podes facer para confiar na esperanza que dá a Biblia?
Moitas persoas teñen a esperanza de que pasen cousas boas, mais non poden estar seguras de que vaia ser así. Pero o que promete a Biblia é diferente. Podemos confiar no que di “investigando tódolos días as Escrituras” (Feitos 17:11). Segundo vaias estudando a Biblia serás quen de decidir por ti mesmo se podes confiar no que di sobre o futuro.
AFONDA MÁIS
Analiza algunhas das promesas da Biblia para o futuro. Descubre de que xeito lles axudou a esperanza que dá a Biblia a moitas persoas na actualidade.
4. A Biblia dános a esperanza de vivir para sempre en condicións perfectas
Mira esta lista de promesas que aparecen na Biblia. Cal che gusta máis? Por que?
Lede os textos que aparecen xunto a cada promesa e logo comentade estas preguntas:
-
Sentes que estes textos che dan esperanza? Poderían darlles esperanza ós teus?
Imaxina que vives nun mundo onde
NINGUÉN... |
TODO O MUNDO... |
---|---|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
5. A esperanza da Biblia pode cambiar a nosa vida
Moitas persoas desanímanse ou mesmo senten rabia por tódolos problemas que hai. Algúns esfórzanse moito por intentar cambiar as cousas. Pero, como pode axudar á xente xa agora a promesa de que a situación vai ir a mellor? Poñede o VÍDEO e logo comentade estas preguntas:
-
Que inxustizas agoniaban a Rafika?
-
Inda que estas inxustizas non desapareceron, como lle axudou o que di a Biblia?
A esperanza que nos dá a Biblia para o futuro pode axudarnos a afrontar o desacougo e a ser felices a pesar dos problemas. Lede Proverbios 17:22 e Romanos 12:12 e logo comentade estas preguntas:
-
Pensas que a mensaxe de esperanza que aparece na Biblia pode mellorar a túa vida xa agora? Por que?
HAI QUEN DI: “As promesas da Biblia para o futuro son demasiado bonitas para ser certas”.
-
Por que pensas que é importante examinar as probas?
RESUMO
A Biblia prométenos un futuro cheo de felicidade. Iso dános esperanza e axúdanos a afrontar os problemas.
Repaso
-
Por que precisa a xente unha esperanza?
-
Que di a Biblia sobre o futuro?
-
Como che pode axudar agora ter unha esperanza para o futuro?
INVESTIGA
Aprende máis sobre o poder da esperanza.
Descubre como a esperanza pode axudar a quen padece unha enfermidade crónica.
“Pode a Biblia axudarnos a levar mellor unha enfermidade crónica?” (Artigo web)
Cando vexas este vídeo musical, imaxínate coa túa familia no paraíso que promete a Biblia.
Mira como lle cambiou a vida a un activista cando aprendeu a esperanza que dá a Biblia para o futuro.
“Xa non sinto que teño que cambiar o mundo” (La Atalaya, 1 xullo 2013)