PREGUNTA 2
Por que me preocupa tanto o meu físico?
TI QUE FARÍAS?
Imaxina a seguinte situación. Cando Sabela se mira no espello, non lle gusta nada o que ve. “Teño que adelgazar”, pensa ela, malia que os seus pais e amigos lle din que está delgadiña coma un pau.
Ultimamente, Sabela está dándolle voltas á idea de tomar medidas radicais para perder “un par de quiliños nada máis”. Só ten que pasar fame uns días...
Se te sentises coma Sabela, ti que farías?
PÁRATE A PENSAR
Non ten nada de malo que te preocupes pola túa imaxe. De feito, a Biblia fai algúns comentarios positivos sobre o aspecto físico de varios homes e mulleres como Sara, Raquel, Abigail, Xosé e David. Por exemplo, dunha muller chamada Abixag di que era “moi bela” (1 Reis 1:4).
Non obstante, moitos rapaces están obsesionados co seu aspecto. Isto pode traerlles problemas moi serios. Pensa no seguinte:
-
Nun estudo, o 58% das rapazas afirmaba ter sobrepeso, cando en realidade só un 17% o tiña.
-
Noutro estudo, o 45% das mulleres que estaban por debaixo do seu peso cría ter quilos de máis.
-
Obsesionados por adelgazar, algúns adolescentes caen vítimas da anorexia, un grave trastorno alimentario que leva a persoa a practicamente deixarse morrer de fame.
Proverbios 17:17).
Se presentas indicios de anorexia ou calquera outro trastorno alimentario, pide axuda. Comeza por contárllelo ós teus pais ou a calquera outro adulto no que confíes. A Biblia di: “Un amigo ama en todo tempo, e un irmán nace para a hora da adversidade” (MÁIS IMPORTANTE CÓ FÍSICO
En realidade, o que nos fai atractivos ós demais é a nosa forma de ser. Pensa en Abxalom, o fillo do rei David. A Biblia di:
“En todo Israel non había un home tan fermoso coma Abxalom [...]. Desde os pés á cabeza non tiña un só defecto” (2 Samuel 14:25).
En cambio, por dentro estaba cheo de orgullo, ambición e traizón! Por iso a Biblia non fala ben de Abxalom; máis ben preséntao como alguén cheo de odio asasino e deslealdade.
Non é de estrañar que a Biblia nos aconselle o seguinte:
“E que vistáde-lo home novo”, é dicir, as calidades propias da personalidade cristiá (Efesios 4:24).
“Que os vosos adornos non sexan os exteriores [...]; senón que sexa a personalidade escondida dentro, no corazón” (1 Pedro 3:3, 4).
Aínda que non ten nada de malo que queiras ter unha boa imaxe, a túa forma de ser é moitísimo máis importante có teu aspecto físico. A longo prazo, a xente vaise fixar máis nas cousas boas da túa personalidade que no teu físico. Unha adolescente chamada Felicia di: “Se es guapa, vas chamar a atención enseguida, pero o que a xente acaba recordando de ti é como es por dentro, as túas boas calidades”.
COMO TE VES?
Estás descontento co teu aspecto físico?
Pensaches algunha vez na posibilidade de someterte a cirurxía estética ou seguir unha dieta extrema para cambiar algo que non che gusta de ti?
Se puideses, que cambiarías do teu aspecto? (Selecciona o que cambiarías)
-
PESO
-
ALTURA
-
PELO
-
TIPO
-
CARA
-
COR DE PEL
-
OUTRO
Se contestaches afirmativamente as dúas primeiras preguntas e seleccionaches máis de tres opcións da terceira, pensa nisto: é moi probable que os demais non te vexan tan mal como te ves ti. É fácil que nos vaiamos ós extremos e nos preocupemos máis da conta polo noso aspecto físico (1 Samuel 16:7).