LECCIÓN 15
Como serven os anciáns á congregación?
Na nosa organización non hai cregos de pago. En lugar diso, facemos o mesmo que nos comezos do cristianismo: designamos homes cualificados para pastorear as congregacións, ós que chamamos anciáns (Feitos 20:28). Estes homes maduros en sentido espiritual son responsables da congregación e do seu coidado. Non o fan por obriga nin polos cartos, senón de boa gana (1a Pedro 5:1-3). Que traballos fan por nós?
Cóidannos e protéxennos. Os anciáns guían á congregación segundo as pautas da Biblia e axúdannos a manternos cerca de Xehová. Sabendo que é Deus quen lles confía esta responsabilidade tan importante, os anciáns non nos asoballan, senón que contribúen ó noso benestar e felicidade (2a Corintios 1:24). Da mesma maneira que un pastor coida con xeito de cada unha das súas ovellas, os anciáns esfórzanse por coñecer persoalmente a cada un dos membros da congregación (Proverbios 27:23).
Ensínannos como facer o que Deus quere. Cada semana, os anciáns encárganse de organizar as reunións da congregación, que nos axudan a ter unha fe máis forte (Feitos 15:32). Estes homes, que respectan profundamente a Deus, tamén dirixen a predicación e poñen o exemplo en participar nela, traballando con nós e axudándonos a mellorar nas diferentes formas de predicar.
Anímannos persoalmente. Co fin de coidar da nosa relación con Xehová e axudarnos a fortalecela, os anciáns visítannos para compartir con nós os consellos e o ánimo que dá a Biblia (Santiago 5:14, 15).
Ademais de todo o que fan na congregación, a maioría dos anciáns teñen un traballo e responsabilidades familiares, que tamén requiren do seu tempo e das súas enerxías. Sen dúbida, estes irmáns que tanto traballan merecen que os respectemos (1a Tesalonicenses 5:12, 13).
-
Cal é o papel dos anciáns?
-
De que maneiras demostran os anciáns que se interesan por nós?