Ir ó contido

Ir ó índice

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

Por que xa non hai respecto por nada? O que di a Biblia

Por que xa non hai respecto por nada? O que di a Biblia

 Cada vez vese menos respecto entre as persoas: pacientes maleducados bérranlles ós doutores, clientes irrespectuosos discuten cos camareiros nos restaurantes, pasaxeiros complicados son violentos cos auxiliares de voo, rapaces delincuentes búrlanse, ameazan e atacan os profesores. Ademais, algúns políticos están envoltos en escándalos mentres outros intentan destacar que eles si son persoas respectables.

 A Biblia explica como podemos ter un bo comportamento, e tamén por que xa non hai respecto por nada hoxe en día.

Por que xa non hai respecto por nada?

 Por todo o mundo, a xente compórtase cada vez peor. As persoas xa non intentan facer o correcto nin respectan as normas morais nin os bos costumes.

  •   Segundo unha enquisa recente realizada por Gallup, nos Estados Unidos os seus habitantes pensan que no seu país os valores morais están no punto máis baixo dos últimos 22 anos. a

  •   Noutra enquisa na que participaron máis de 32.000 persoas de 28 países, o 65 por cento dixeron que nunca viran tan pouco civismo e respecto mutuo no mundo.

 A Biblia predixo como se comportaría a xente dos nosos días.

  •   “Pero debes saber que nos últimos días virán tempos críticos e difíciles de soportar. Porque a xente só se amará a si mesma; serán amantes do diñeiro, fanfarróns, arrogantes, blasfemos, desobedientes ós pais, desagradecidos e desleais, non terán cariño natural, [...] feroces.” (2 Timoteo 3:1-3, TNM).

 Para máis información sobre como se está cumprindo esta profecía, le o artigo “Predixo a Biblia como sería a xente hoxe en día?”.

Unha guía confiable que nos axuda a tratar os demais con respecto

 Nun mundo onde cada vez hai menos respecto, millóns de persoas viron que a Biblia é unha guía excelente para ter un bo comportamento. Os seus consellos morais son “sempre fiables, agora e por toda a eternidade” (Salmo 111:8, TNM). Fíxate nos seguintes exemplos:

  •   O que di a Biblia: “Polo tanto, facede polos demais todo o que vos gustaría que fixesen por vós” (Mateo 7:12).

     Significado: Debemos tratar os demais como queremos que nos traten a nós, con amabilidade e con respecto.

  •   O que di a Biblia: “Por iso rexeitade a mentira e dígalle cadaquén a verdade ó seu próximo” (Efesios 4:25).

     Significado: Debemos ser honestos en todo o que dicimos e facemos.

 Se queres máis información sobre este tema, podes ler:

a Escrito por Megan Brenan.