Ir ó contido

Ir ó índice

Surasak Suwanmake/Moment via Getty Images

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

Onda de calor mundial no verán do 2023. Que di a Biblia?

Onda de calor mundial no verán do 2023. Que di a Biblia?

 Por todo o mundo as persoas están soportando temperaturas máis altas ca nunca antes e outros desastres causados polas temperaturas extremas. Fíxate nos seguintes comentarios:

  •   “O mundo acaba de sufrir o mes de xuño máis caloroso dos últimos 174 anos segundo os rexistros mundiais” (National Oceanic and Atmospheric Administration, U.S. Department of Commerce, 13 de xullo de 2023).

  •   “Italia, España, Francia, Alemaña e Polonia estanse enfrontando a unha onda de calor moi grande, e espérase que as temperaturas cheguen ata os 48 ºC nas illas de Sicilia e Sardeña, posiblemente as temperaturas rexistradas máis altas en Europa” (Axencia Espacial Europea, 13 de xullo de 2023).

  •   “A medida que se quente o planeta, espérase que as precipitacións sexan cada vez máis intensas, frecuentes e graves, o que tamén provocará grandes inundacións” (Stefan Uhlenbrook, director de hidroloxía, auga e criosfera na Organización Meteorolóxica Mundial, 17 de xullo de 2023).

 Preocúpache o aumento das noticias sobre o clima extremo? Fíxate no que di a Biblia sobre este tema tan importante.

Predixo a Biblia o clima extremo?

 Si. A temperatura tan alta e outros efectos do clima extremo coinciden co que a Biblia predixo para o noso tempo. Por exemplo, Xesús dixo que se verían “cousas espantosas” ou “fenómenos aterradores” (Lucas 21:11; La Biblia, de Serafín de Ausejo). O aumento global das temperaturas fai que moitos teñan medo de que, por culpa do ser humano, non se poida vivir na Terra.

Chegará a ser a Terra un lugar inhabitable?

 Non. Deus creou a Terra para que a humanidade viva nela para sempre, non vai permitir que os humanos a destrúan (Salmo 115:16; Eclesiastés 1:4). De feito, tal e como prometeu, vai “esnaquiza-los que destrúen o mundo” (Apocalipse 11:18).

 A Biblia ensina que Deus ten o poder para protexer a terra dos desastres naturais e que o fará.

  •   “[Deus] troca a tempestade en brisa lene, e quedan caladas as ondas” (Salmo 107:29). Deus ten o poder para controlar as forzas da natureza. El pode solucionar os problemas medio ambientais que actualmente fan sufrir as persoas polo clima extremo.

  •   “Ti coidas e réga-la terra, arriquécela de mil maneiras” (Salmo 65:10 [65:9, TNM]). Coa bendición de Deus a Terra converterase nun paraíso.

 Para saber máis sobre a promesa da Biblia de que Deus vai reparar o medio ambiente, le o artigo: “¿Quién salvará el planeta?”.