PREGUNTAS DA XUVENTUDE
É o sexo oral realmente sexo?
Segundo un informe dos Centros para o Control e a Prevención de Enfermidades dos Estados Unidos, case a metade dos rapaces de entre 15 e 19 anos ós que se lles preguntou dixeron que practicaran sexo oral nalgunha ocasión. a Sharlene Azam, autora do libro Oral Sex Is the New Goodnight Kiss, di: “Se falas con calquera adolescente [sobre sexo oral], dirache que é o máis normal do mundo. [...] De feito, nin sequera consideran que sexa sexo”.
Ti que pensas?
Responde si ou non a estas preguntas:
Pode quedar embarazada unha rapaza despois de practicar sexo oral?
Si
Non
Ten algún perigo para a saúde practicar sexo oral?
Si
Non
É o sexo oral realmente sexo?
Si
Non
Cal é a realidade?
Compara as túas respostas coas de abaixo:
Pode quedar embarazada unha rapaza despois de practicar sexo oral?
Resposta: Non. Esa é unha das razóns polas que moitas persoas chegan á conclusión equivocada de que o sexo oral é inofensivo.
Ten algún perigo para a saúde practicar sexo oral?
Resposta: Si. Quen practica sexo oral pode contraer hepatite A ou B, verrugas xenitais, gonorrea, herpes, sida ou sífilis.
É o sexo oral realmente sexo?
Resposta: Si. Calquera comportamento que implique os órganos xenitais doutra persoa é sexo. Isto inclúe o sexo vaxinal, o sexo oral, o sexo anal e masturbar a outra persoa.
Por que é importante?
Analiza algúns textos bíblicos que che axudarán a entender o que pensa Deus sobre este asunto.
A Biblia di: “Esta é a vontade de Deus, [...] que vos arrededes da fornicación” (1 Tesalonicenses 4:3).
A palabra orixinal que aquí se traduce “fornicación” refírese a todo tipo de contacto íntimo entre dúas persoas que non estean casadas entre si. Inclúe o sexo vaxinal, o sexo oral, o sexo anal e masturbar a outra persoa. A persoa que practica fornicación pode chegar a sufrir consecuencias moi graves. A peor de todas é que dana a súa amizade con Deus (1 Pedro 3:12).
A Biblia di: “Quen fornica peca contra o seu propio corpo” (1 Corintios 6:18).
O sexo oral pode chegar a ter consecuencias moi malas en sentido físico e espiritual. E tamén pode deixar secuelas emocionais. O libro Talking Sex With Your Kids di: “Sentirse culpable, utilizado ou vulnerable non é algo exclusivo do sexo vaxinal. [...] Tódalas emocións negativas que se poden experimentar despois de ter coito nunha situación equivocada tamén se poden sentir despois de ter calquera tipo de contacto sexual nunha situación equivocada. O sexo é sexo”.
A Biblia di: “Eu son o Señor, o teu Deus, o que te ensina para que saques proveito” (Isaías 48:17).
Pensas que as normas de Deus sobre o sexo son para o teu ben? Ou cres que son demasiado restritivas? Para axudarche a contestar estas preguntas, imaxina unha autoestrada na que hai moito tráfico. Na beira hai sinais que indican os límites de velocidade, en que sentido tes que circular e onde tes que parar. Pensarías que eses sinais son demasiado restritivos? Ou dirías que son unha protección? Que pasaría se ti ou outro condutor decidísedes ignoralos?
O mesmo pasa coas normas de Deus. Se as ignoras, podes estar seguro de que sufrirás as consecuencias (Gálatas 6:7). “Canto máis te afastes das túas crenzas e valores e fagas cousas coas que non te sentes cómodo, menos te respectarás a ti mesmo”, di o libro Sex Smart. Pola contra, se vives de acordo coas normas de Deus non só demostrarás ser unha persoa con valores, senón que tamén terás unha conciencia limpa (1 Pedro 3:16).
a O sexo oral é unha práctica sexual na que se estimulan os órganos xenitais doutra persoa coa lingua ou coa boca.