Ir ó contido

Termos de uso

Termos de uso

Benvido!

O obxectivo desta web é axudarche a coñecer mellor a Deus, a Biblia, e as testemuñas de Xehová. Podes ler, ver ou descargar todo o que che interese. Aínda que estamos encantados de que os contidos desta páxina poidan axudar a máis persoas, agradecémosche que non os copies en aplicacións ou noutros sitios de Internet. Se desexas compartir información de jw.org con alguén, simplemente podes pasarlle o enderezo da páxina, tal e como se indica nos seguintes termos de uso.

 Copyright

© 2024 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania. Tódolos dereitos reservados.

Esta web é publicada e administrada pola Watchtower Bible and Tract Society of New York, Inc. (“Watchtower“). A menos que se indique o contrario, tódalas referencias bíblicas están extraídas de A Biblia, propiedade da Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos (SEPT), 3ª edición (2001), ou de A Biblia. Tradución do Novo Mundo. A abreviatura TNM que aparece nalgunhas referencias bíblicas refírese a Versículos da Tradución do Novo Mundo. A abreviatura SBG refírese á Sagra Biblia en Galego, versión de Manuel Casado Nieto. A abreviatura AGL refírese a O Novo Testamento, versión de Avelino Gómez Ledo. A abreviatura ONT1978 refírese a O Novo Testamento, versión da Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos (SEPT), edición de 1978. A abreviatura ONT1998 refírese a O Novo Testamento, versión da Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos (SEPT), edición de 1998. A abreviatura EME refírese ós Evanxelios, versión de X. Morente e M. Espiña, SEPT edición de 1965.

 Nalgunhas citas bíblicas úsase a letra grosa e a cursiva para destacar algunhas expresións.

Marcas rexistradas

 Adobe, o logotipo de Adobe, Acrobat, e o logotipo de Acrobat son marcas comerciais rexistradas de Adobe Systems Incorporated. Apple, iTunes e iPod son marcas comerciais rexistradas de Apple Inc. Microsoft, o logotipo de Microsoft e tódolos nomes de calquera software ou produto de Microsoft, incluídos Microsoft Office e Microsoft Office 365, son marcas comerciais rexistradas de Microsoft Inc. Android é unha marca comercial rexistrada de Google LLC. O robot de Android reprodúcese ou modifícase a partir do traballo xerado e compartido por Google, e úsase conforme ó descrito na Licencia de Atribución de Creative Commons 3.0 (https://creativecommons.org/licenses/by/3.0/us/). Tódalas demais marcas comerciais e marcas comerciais rexistradas son propiedade dos seus respectivos titulares.

Termos e condicións de uso

Os presentes “Termos de Uso“ regulan o uso desta páxina web. Accedendo a esta páxina web aceptas na súa totalidade os “Termos de Uso“, así como os “Termos de Uso Adicionais“ (ámbolos dous en conxunto, “Termos de Uso“). Non utilices este sitio en caso de que non esteas disposto a cumprilos na súa totalidade ou en parte.

Que implica o uso adecuado deste sitio? Baixo as seguintes restricións, podes:

  • Ver, descargar ou imprimir material gráfico protexido polo copyright da sociedade Watch Tower, publicacións electrónicas, música, fotos, texto ou vídeos só para o teu uso persoal e en ningún caso para fins comerciais.

  • Compartir enlaces ou copias electrónicas de publicacións, vídeos ou gravacións de son descargables deste sitio web.

Non podes:

  • Publicar material gráfico, publicacións electrónicas, marcas rexistradas, música, fotografías, vídeos ou artigos deste sitio en Internet (noutras páxinas web, en redes sociais, ou en servidores para compartir ficheiros ou vídeos).

  • Distribuír material gráfico, publicacións electrónicas, marcas rexistradas, música, fotografías, texto ou vídeos deste sitio web con ou como parte de calquera aplicación informática (isto inclúe subir estes materiais a un servidor para o uso dunha aplicación informática).

  • Reproducir, copiar, duplicar, distribuír ou usar as publicacións electrónicas, música, fotografías, texto ou vídeos deste sitio con fins comerciais ou a cambio de diñeiro (aínda que sexa sen ánimo de lucro).

  • Crear para a súa distribución calquera programa, aplicación, utilidade ou técnica deseñados para extraer, copiar, descargar, recoller ou recompilar datos, código HTML, imaxes, ou texto deste sitio (Queda excluída a distribución de aplicacións gratuítas de uso non comercial deseñadas para descargar arquivos electrónicos, tales como arquivos EPUB, PDF, MP3 e MP4 de seccións públicas deste sitio.).

  • Usar indebidamente o sitio ou os seus servizos; por exemplo, interferir co sitio ou os seus servizos, ou acceder a eles cun método distinto ó que se prové expresamente.

  • Usar este sitio de xeito que puidese danalo ou impedir o acceso ó mesmo. Tampouco debe usarse de maneira ilícita, ilegal, fraudulenta ou prexudicial, ou que dalgún modo estea asociada a algunha actividade ou propósito de carácter ilícito, ilegal, fraudulento ou prexudicial.

  • Usar este sitio ou o seu material gráfico, publicacións electrónicas, marcas rexistradas, música, fotografías, texto ou vídeos con calquera fin publicitario.

  •   Os servizos de Google Maps empregados neste sitio web corresponden a un provedor contratado, polo cal non están baixo o noso control. O uso destes servizos está suxeito ós actuais termos de uso adicionais de Google Maps/Google Earth. Como non estamos informados das actualizacións, revisa os termos de uso antes de usar os servizos de Google Maps. Non uses Google Maps se non estás de acordo cos termos de uso. Google Maps non reenvía ningún dato persoal a este sitio web.

Sección médica

O propósito desta sección da nosa páxina web (“Sección para profesionais da saúde”) é puramente informativo e non constitúe consello ou asesoramento médico. Non substitúe as consultas médicas profesionais, diagnósticos ou tratamentos. Tampouco recomenda ou favorece probas, produtos, procedementos, opinións, profesionais da saúde, ou calquera outra información que poida aparecer nesta sección.

Para calquera consulta que teñas con respecto a algún problema médico ou tratamento, busca sempre a axuda dun profesional da saúde.

 Facemos todo o posible para que a información publicada nesta sección sexa exacta e estea actualizada, pero non se garante que o sexa, nin tácita nin explicitamente. Este sitio web exímese de ofrecer calquera garantía, tácita ou expresa, relacionada coa sección médica, incluíndo pero sen limitarse ás garantías implícitas de comerciabilidade ou aptitude para un determinado propósito. Este sitio web non garante que a información sexa fiable, exacta, completa, útil, ou oportuna. Este sitio web non asume ningunha obriga nin responsabilidade por calquera erro ou omisión nos contidos da sección médica. O usuario asume todo o risco derivado de confiar na información publicada nesta sección. En ningún caso este sitio web será responsable de calquera reclamación ou dano (incluíndo, sen límites, danos incidentais e consecuentes, lesións ou calquera dano físico, falecemento, perdas económicas, ou danos derivados da perda de datos ou cese de actividade económica) que resulten do uso ou do uso incorrecto da sección médica, sexa que tales reclamacións ou danos estean baseados nun contrato, nunha garantía, nun agravio ou en calquera outro concepto legal, e sexa ou non que este sitio de Internet estea informado da posibilidade de tales reclamacións ou danos.

Exención de garantías e límite de responsabilidade

Toda a información, contidos, materiais e outros servizos están dispoñibles neste sitio web a través do sitio web facilitado por Watchtower “tal cal“. Watchtower non realiza representacións ou garantías de ningunha clase, explícitas ou implícitas.

 Watchtower non garante que este sitio web esté libre de virus ou outros componentes daniños. Watchtower non será responsable dos danos de ningún tipo derivados do uso de calquera servizo, información, contidos, materiais u outros servizos subministrados a través do sitio web. Isto inclúe, entre outros: danos directos, indirectos, incidentais, punitivos e consecuenciais (incluída a perda de beneficios).

Incumprimento dos “Termos e condicións de uso”

 Sen prexuízo dos demais dereitos que estes “Termos e condicións de uso” conceden a Watchtower, se o usuario viola ou infrinxe algún destes “Termos e condicións de uso”, Watchtower resérvase o dereito de tomar as medidas que estime oportunas, o que inclúe retirarlles temporalmente o acceso ó sitio ou denegarllo por completo, bloquear o acceso ó sitio ós ordenadores que teñan o seu enderezo IP, pedirlle ó seu provedor de servizos de Internet que restrinxa o seu acceso ó sitio e/ou emprender accións legais contra o usuario.

Modificacións

 Watchtower poderá modificar en calquera momento estes “Termos e condicións de uso”. Calquera revisión deste documento entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no sitio. Consúltao con regularidade para estar ó tanto dos cambios.

Lei aplicable e xurisdición

 Estes “Termos e condicións de uso” rexeranse e interpretaranse de acordo coas leis do estado de Nova York (Estados Unidos), sen que sexa aplicable ningunha das disposicións sobre conflito de leis. Calquera acción xudicial relacionada con estes “Termos e condicións de uso” debe presentarse ante un tribunal estatal ou federal que teña xurisdición no estado de Nova York (Estados Unidos).

Divisibilidade

 No caso de que un tribunal coa debida xurisdición declarase que algunha parte destes “Termos e condicións de uso” fose ilegal, ou determinase que non tivese validez ou que non se puidese facer cumprir, a parte restante seguirá tendo efecto. O feito de que Watchtower non faga valer algunha parte destes termos non debe considerarse unha exención para o usuario nin debe entenderse que Watchtower non ten dereito a facela valer.

Acordo completo

Estes “Termos e condicións de uso” constitúen o acordo completo entre o usuario e Watchtower con relación ó uso que o usuario faga deste sitio. Calquera acordo previo con relación ó uso deste sitio xa non ten validez.