Que é o Consello Reitor das Testemuñas de Xehová?
O Consello Reitor é un pequeno grupo de cristiáns con moita experiencia que coordina as actividades das testemuñas de Xehová de todo o mundo. Ten dous labores principais:
Supervisa a elaboración de información baseada na Biblia que se usa nas nosas publicacións, reunións e cursos de formación (Lucas 12:42).
Supervisa a obra mundial das testemuñas de Xehová, o cal inclúe o labor de predicar e o uso que se dá ás doazóns voluntarias.
O Consello Reitor segue o modelo que puxeron os “apóstolos e os responsables” de Xerusalén, que tomaban importantes decisións que afectaban a toda a congregación cristiá (Feitos 15:2). Igual que aqueles homes fieis, os membros do Consello Reitor non son os líderes da nosa organización. Conscientes de que Xehová nomeou responsable da congregación a Xesús, sempre acoden á Biblia en busca de guía (1a Corintios 11:3; Efesios 5:23).
Quen forma parte do Consello Reitor?
O Consello Reitor está formado por Kenneth Cook, Jr., Gage Fleegle, Samuel Herd, Geoffrey Jackson, Jody Jedele, Stephen Lett, Gerrit Lösch, Jacob Rumph, Mark Sanderson, David Splane e Jeffrey Winder. Todos eles serven na nosa sede central, que está situada en Warwick (Nova York, Estados Unidos).
Como está organizado o Consello Reitor?
O Consello Reitor estableceu seis comités que supervisan diferentes aspectos do noso labor, e cada membro serve nun ou máis comités.
Comité de Coordinadores. Encárgase dos asuntos legais da nosa organización e pon en marcha a axuda necesaria ante catástrofes, incidentes que sufran as testemuñas de Xehová ó seren perseguidas polas súas crenzas, e ante calquera outro asunto urxente que afecte ás testemuñas de Xehová.
Comité de Persoal. Supervisa as decisións que afectan ós membros da familia Betel, o persoal voluntario que traballa nas nosas sedes.
Comité de Publicación. Encárgase de supervisar a produción e distribución de publicacións baseadas na Biblia, e a construcción de Salas de Reunións, oficinas de tradución e sucursais.
Comité de Servizo. Supervisa o noso labor de predicar a “Boa Nova do Reino” (Mateo 24:14).
Comité de Ensino. Dirixe a elaboración do programa de ensino bíblico que as testemuñas de Xehová recibimos a través das diferentes reunións, cursos e material audiovisual.
Comité de Redacción. Encárgase de supervisar a preparación da información baseada na Biblia que se publica en formato impreso e na nosa web; tamén supervisa os labores de tradución.
Ademais de traballar nos diferentes comités, o Consello Reitor reúnese cada semana para analizar as necesidades da organización. Nestas reunións, esfórzanse por chegar a conclusións unánimes sobre o que a Biblia ensina, deixándose guiar polo espírito santo (Feitos 15:25).
Quen son os axudantes do Consello Reitor?
Son cristiáns de confianza que axudan ós diferentes comités do Consello Reitor (1a Corintios 4:2). Teñen a experiencia e as aptitudes necesarias na labor que supervisa o comité ó que son asignados, e asisten á reunión semanal do mesmo. Se ben eles non participan na toma de decisións, proporcionan información e suxestións útiles, poñen en marcha as decisións do comité, e controlan o progreso e os resultados das mesmas. Tamén poden ser asignados polo Consello Reitor para visitar outras testemuñas de Xehová en diferentes partes do mundo, así como para presentar conferencias en acontecementos especiais, como poden ser as reunións anuais e as graduacións de Galaad.
Comité |
Nome |
---|---|
Coordinadores |
|
Persoal |
|
Publicación |
|
Servizo |
|
Ensino |
|
Redacción |
|